Primeiro paso adiante do Leite Río Breogán con brillante vitoria en Castelló

0
  • Os celestes dominaron de principio a fin no primeiro partido de liga (68-91)

Gran inicio do Leite Río na nova campaña. O equipo de Diego Epifanio dominou o encontro dende o salto inicial con moi boas porcentaxes no lanzamento e esforzo en defensa, o que levou a acadar amplas vantaxes sobre un TAU Castelló que se viu superado pola intensidade do equipo galego que foi quen de anotar 34 puntos no primeiro cuarto. No segundo e terceiro os homes de Epi deixaron aos rivais nuns exiguos 10 e 11 puntos respectivamente.

O acerto breoganista e as boas sensacións prolongáronse durante case todo o partido ata os minutos finais nos que o TAU buscou acurtar unha desvantaxe imposible en favor do Leite Río.

O cuarto final foi para os locais que desatascaron o ataque e melloraron notablemente en tódalas liñas, pero xa co partido sentenciado dende moitos minutos atrás.

A anotación dos celestes estivo moi repartida. Destacan os 15 puntos e 7 rebotes de Dago Peña, os 15 puntos de Olah, os 12 de Sergi Quintela e os 11 de Christian Díaz que entregou 8 asistencias, ou os 8 puntos e 5 rebotes de Salva Arco.

Os celestes regresas a Lugo coa primeira vitoria no peto e pensando xa no primeiro partido no Pazo, que será o vindeiro sábado día 5 de outubro, festividade de San Froilán, ás 19:00 horas ante o Liberbank Oviedo Baloncesto.

Nota de prensa del CB Breogán