Primeiro Campus Compos en Padrón este verán

0

 

  • Terá lugar as semanas do 19 ao 23 e do 26 ao 30 de xullo no Campo da Baiuca e no Pavillón Grupo Escolar

  • Organízao a Fundación SD Compostela en colaboración co Stellae FS para nenos e nenas de 4 a 18 anos
  • Os xogadores da base do CD Sar Extramundi, Ulla Pontecesures CF e SD Esclavitud tamén desfrutarán de descontos na cota de inscrición

    Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2021.- En colaboración co Stellae FS, a Fundación SD Compostela organiza este verán a primeira edición do Campus Compos de Padrón, unha actividade dirixida a nenos e nenas de 4 a 18 anos que terá lugar do 19 ao 23 e do 26 ao 30 de xullo no Campo de Fútbol da Baiuca e no Polideportivo Municipal Grupo Escolar (Padrón).

    O Campus, de luns a venres en horario matinal de 9.00 a 14.00 horas (con servizo de madrugadores ás 8.30 horas), ofrecerá aos participantes unha oportunidade de gozar do fútbol e do fútbol sala, baixo a metodoloxía Compos, nun ambiente lúdico e seguro, no que se primará o desenvolvemento socioafectivo dos cativos. Ademais, cumpriranse todos os protocolos e medidas sanitarias marcadas polas autoridades sanitarias, no marco da actual pandemia da covid-19.

    Os inscritos terán un seguro de accidentes que responderá ante calquera problema que puidese xurdir. A maiores, por participar, recibirán un pantalón e unha camiseta ao comezo da actividade.

    Os prezos, por semana, varían en función das distintas modalidades previstas, con importantes vantaxes para os pequenos que xoguen en equipos da zona. A tarifa xeral será de 140€; para abonados ou fillos de abonados das entidades, 125€; para os xogadores da base do Compos, do Stellae FS e dos clubs da zona (CD Sar Extramundi, Ulla Pontecesures CF e SD Esclavitud), 90€; e para irmáns de rexistrados, 70€.

    O prazo de inscrición está aberto a través do seguinte formulario, que tamén poderán atopar na web e redes sociais do Stellae FS. Os interesados poderán recibir máis información no mail coordinadorbase@sdcompostela.com ou no teléfono 626 06 37 05 (Manu Otero).

    FORMULARIO DE INSCRICIÓN na SEGUINTE LIGAZÓN

    http://bit.ly/FormCampusComposPadron