Primeira derrota na segunda fase do Peleteiro ante Salesianos Vigo (83-79)

0
Ficha técnica
Encontro e resultado: Salesianos Vigo 83 Peleteiro Frutas Barreiro 79.
Competición: 2ª División masculina
Xornada: 4ª – Segunda Fase
Parciais: 17-14//26-24//14-20//26-21.
5 Inicial: Carlos, Fer, Antón, Mauro e Andrés. Eliminados: Santi
Xogaron e anotaron: David (14), Vicario (20), Pedro (8), Carlos (2), , Antón (6), Mauro (4), Santi (13), Andrés (12), Chechu (lesionado), Ramón (non xogou), Raviña (non xogou).


Primeira derrota desta segunda fase do Peleteiro nun partido ao que tardaron moito en entrar, con pouco nivel defensivo (maior anotación que recibimos esta tempada), e que tanto o baixo nivel de entrenos destas últimas semanas como comparecer con tan so 8 xogadores, tamén pasou factura.
Tanto no primeiro cuarto coma no segundo estivemos moi relaxados en defensa, sen pechar  rebote e cun nefasto balance. Salvávanos o acerto desde a liña de tres puntos para que a diferenza non fose maior ao descanso, 43-38.
Tras o descanso, a pesar de non estar finos os primeiros minutos, repúxemonos aumentando o nivel defensivo e repartindo a anotación en ataque. Pechamos o cuarto dándolle a volta ao marcador, 57-58.

No último cuarto foi un tama e daca por ambos equipos manexándonos en pequenas diferencias. A punto estivemos de rachar o partido a falta de 2 minutos e catro arriba pero un parcial deles final de 9-2 (con 7 tiros libres anotados) decantou a balanza ao seu favor.
Para a vindeira semana pechamos a primeira volta desta segunda fase en Montouto, o sábado ás 20:00 contra o sempre complicado Arteixo. Esperamos recuperar efectivos e volver a dinámica de traballo e intensidade para deixar a vitoria na casa.

Finalmente desexarlle ao noso xogador Chechu unha eficaz recuperación da súa lesión que o fará pasar polo quirófano e mandarlle de parte de todo o equipo moitos ánimos.