Primeira convocatoria de Juan Carlos Andrés como seleccionador galego

0

 

Os convocados xogarán o mércores 21 un partido amistoso contra o Depor B en Abegondo, ás 18:00 horas

 

Ata catorce equipos da Terceira División están representados na primeira convocatoria da etapa Juan Carlos Andrés como Seleccionador Galego de Aficionados.

O novo Seleccionador fixo hoxe a convocatoria, composta por 22 xogadores, todos eles da Terceira División, os cales deberán persoarse o vindeiro mércores día 21 deste mes, ás 17:00 horas, na «Ciudad del Fútbol» de Abegondo, donde a partir das 18:00 horas a Selección Galega xogará un partido de adestramento contra o Deportivo B, que por ser filial non pode ter ningún futbolista convocado, según establece o regulamento.

Este vai a ser o primeiro adestramento de preparación de cara á primeira fase da «X Copa de las Regiones UEFA» que a Selección Galega vai a disputar do 4 ao 6 de decembro en Extremadura. As seleccións extremeña e valenciana serán as nosas rivais e só se clasifica para a seguinte fase o campión do grupo.

Cabe recordar que non poden ser convocados xogadores que militan en categorías superiores nin tampouco os que nalgún momento da súa traxectoria tiveron algún contrato profesional.

OS XOGADORES CONVOCADOS SON:

XOGADOR CLUB
David Cortegoso Otero CD Choco
Javier Ares Díaz «Viuski» Racing Vilalbés
Rubén Comesaña Riveiro Alondras CF
José Manuel Rodríguez Casais «Cardeñosa» Arosa SC
Pablo Álvarez Rodríguez «Pablo Corzo» CD Barco
David Portas Cancelas Rápido de Bouzas
Jaime Agujetas Otero Alondras CF
Lucas Fernández Puime CD Choco
Jesús Cañizares Sánchez «Cañi» CD As Pontes
Jesús Martínez Torres «Suso Martínez» CD Boiro
Alfredo VEiga Ampudia UD Barbadás
Martín Leiro Martínez Alondras CF
Gabriel Misa Pérez «Gabi Misa» Rápido de Bouzas
Sergio Santos Romero Rápido de Bouzas
Francisco Manuel González Matos «Fran Matos»  CD Ribadumia
Carlos López Vilasánchez Galicia Mugardos
Herbert Rey Willisch CD Boiro
Roberto Piñeiro González Bergantiños CF
Hugo Sanmartín Delgado CD Choco
Javier Otero Torres SD Negreira
Jorge Cano Bermúdez De Castro CD Boiro
Alejandro Ares Piñeiro «Alex Ares» CCD Cerceda