[alert type=»danger»]

  • O sábado haberá un espectacular descenso en bibicleta desde San Francisco até as Burgas. O resto de probas, no recinto de Expourense.

  • Haberá autobuses gratis desde o Parque de San Lázaro até o recinto de Expourense toda a fin de semana.

[/alert]

 

“O mellor circuíto nacional de festivais urbanos”, en palabra da concelleira de Xuventude, Sofía Godoy, celebrarase a fin de semana do 7 ao 9 de outubro en Ourense. Coa presenza dos mellores profesionais nas diferentes modalidades (skate, patíns en liña, bmx) e coas mellores instalacións posibles, o Pulpo Extreme quere converter a nosa cidade no epicentro mundial dos deportes extremos. Dani León, David Penafiel ou o ourensán Iván Malvido son só algúns dos nomes que se darán cita, e así até un cento de profesionais. “Ourense cheo de xente significa vida e significa negocio para todos nós”, sintetizaba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na rolda de prensa.

As actividades do Pulpo Extreme comezarán o venres 7 coas primeiras probas de clasificación e cunha exhibición no centro comercial Ponte Vella. O sábado, durante todo o día, haberá novas probas de clasificación no recinto feiral de Expourense e, paralelamente, celebraranse diferentes probas en toda a cidade, coma o descenso en bmx desde San Francisco até As Burgas, exhibicións de grafittis, dj, etc. O domingo celebraranse as finais no recinto de Expourense e pecharase o evento cunha grande queimada. Para subir até o recinto feiral haberá autobuses gratuítos desde o parque de San Lázaro.

Na rolda de prensa participaron, ademais do alcalde, Jesús Vázquez, as concelleiras de Xuventude e de Cultura, Sofía Godoy e Belén Iglesias respectivamente, de Deportes, Mario Guede, e os promotores do Pulpo Extreme: José Luis Pérez ‘Txeluis’, Toni López e Pablo Álvarez, da Asociación Pulpo.