Presentación oficial da nova camiseta do CD Lalín

O CD Lalín presentou a súa nova equipación para a presente tempada. Unha novidade que fíxose agardar, logo dun deseño que con moito agarimo, representará a historia e tradición de Lalín, Do Deza, e a unión do Clube co pobo.

0
Na presentación estivo Marcos Torres, presidente da entidade, quen afirma que «esta camiseta era a que precisaba o noso clube hai tempo. Unha camiseta coa que a xente se poida sentir identificada, que respeta as cores históricas, e que lle fai un guiño ao pobo. Neste proxecto no que a nivel deportivo tamén se tratou de identificar o Clube co pobo  e fíxose con moito acierto, non podía ser menos na roupa que nos acompañará cada domingo, coa que defenderemos Lalín e a comarca do Deza por Galicia adiante. Ademáis, quero dar as grazas a todas as empresas e socios que se están unindo ao noso proxecto, e hoxe particularmente a 3DEZA8, porque a pesares de que o Clube non estivo ás veces á altura do agardado, sempre apoiaron a nosa causa. Agora, cun novo proxecto, amplían a súa confianza en nos e este agasallo é sin dúbida algo polo que sempre estaremos agradecidos, unha vez máis».
Presente estivo tamén o Alcalde Rafa Cuiña, «o Lalín é historia do noso pobo, da nosa comarca, e agora con esta camisola queda ben reflectido. Cando diciámos non hai moito tempo que este novo proxecto pintaba moi ben, non agardabamos que o cambio fose tan grande no primeiro ano, pero estamos gratamente sorprendidos e seguimos animando a que a xente se enganche ao proxecto. Entre todos faremos desta campaña un ano ilusionante».
Presente o técnico Manu Cerón, afirmou que » a camiseta dun Club é un xesto de representación máis grande do que parece, ademáis do escudo no corazón, levamos unhas cores e unha historia que debemos representar con dignidade. Debemos estar á altura do que moitos xogadores, técnicos e directivos, fixeron neste Club. Modernizar a imaxe e cambiar a pel é algo que reflicte non so intencións, se non tamén feitos, e neste sentido a directiva e o meu corpo técnico cos meus xogadores, traballamos arreo para devolver con creces, a ilusión e as esperanzas que hai postas en nos».
Os xogadores que estiveron presentes na presentación da nova indumientaria son os fichados Xocas e Brais, que formados na Escola de Fútbol representan á perfección a idea do novo proxecto, baseado na xuventude e na xente do Deza. Ambos salientaron que «a nova equipación está moi guapa, é moi cómoda de vestir e vese moi identificado o pobo, entre as cores de toda a vida e as referencias a dous monumentos importantes da comarca. Defenderémola como en cada partido ao 100%, saíndo a gañar cada domingo, levando sempre con nós a forza do Cortizo», frase que ven estampada na parte posterior inferior da camiseta.
A equipación, que será doada íntegramente pola marca 3DEZA8, será estrenada no partido que o CD Lalín disputa na casa o domingo 1 de Outubro, a partir das 18:00 horas ante o Flavia. O responsable da empresa 3DEZA8, Marc Vidal, estivo na presentación, e asegurou nas horas previas que «unha empresa vinculada a Lalín e ao Lalín tanto tempo, ten que axudar ao Clube, como calquera outra empresa do municipio. Como ex-xogador do Clube vexo que as cousas estanse a facer doutra forma, e iso anima máis se cabe, a colaborar con este novo proxecto ao que de corazón deséxolle o maior dos éxitos. O Lalín é un Clube que sempre levarei dentro de min, e que merece por historia e agora por como se empezan a facer as cousas, estar en outra categoría».
Xa se pode reservar a camiseta no Clube, co teu número preferido e o nome, a prezo de 30€ nas oficiñas do Clube, a través das Redes Sociais, e no stand que o CD Lalín ubicará o domingo na praza da Igrexa pola mañán, donde tamén haberá a posibilidade de facerse socio.
Historia da camiseta, por Verónica Alvarellos, de 3Deza8 

 

A CAMISETA DE ESTE ANO DO CD LALÍN CREADA POLA MARCA LALINENSE 3DEZA8 FOI DESEÑADA IMPRESA E CONFECCIONADA INTEGRAMENTE EN LALÍN. NO ANO NO QUE SE CUMPREN 90 ANOS DA CHEGADA A MANILA DO AVIADOR LORIGA A MARCA DE MARC VIDAL, EX_XOGADOR LALINENSE, INTENTA EXPRESAR GRÁFICAMENTE UN PARALELISMO ENTRE UN HOME QUE LOGROU TODAS AS SÚAS METAS E UN CLUBE HUMILDE, QUE PARTIDO A PARTIDO LOITA POR IR A MAIS. NA PARTE DIANTEIRA DA EQUIPACIÓN REPRESENTASE O MONUMENTO A LORIGA, NA QUE A COLA DO AVIÓN FAI AS VECES DUNHA DAS RAIAS ROXINEGRAS E NA PARTE TRASEIRA REPRESÉNTANSE OS ARCOS TAN CARACTERÍSTICOS DO PAZO DE LIÑARES QUE O VEU NACER. TRATANDO ASÍ DE AMOSARLLE CON UNHA SIMPLE OLLADA, AOS SIAREIROS GALEGOS, UN POUCO DO NOSO PATRIMONIO CULTURAL E DARLLE DIFUSION A UNHA DAS FIGURAS MAIS RELEVANTES E EMPRENDEDORAS DA NOSA VILA QUE ALCANZOU EN VIDA TODAS AS METAS QUE SE PROPUXO. EN TAL DATA COMO A DE MAÑA, DÍA 23 DE SEPTEMBRO DO ANO 1895 NACIA O AVIADOR LORIGA NO PAZO DE LIÑARES UBICADO NA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE PRADO, FOI ENTRE OUTRAS MOITAS COUSAS O PRIMEIRO AVIADOR EN ATERRIZAR UN AVION EN GALICIA, NO MONTE DO TOXO EN LALÍN.