Presentación da XXX Regata de Piragüismo de Allariz Festa Da Empanada

0

Este martes tivo lugar no Concello de Allariz a presentación da XXX regata provincial de piragüismo de Allariz puntuable para a Copa Deputación 2019, que contou coa presenza do 1º tenente de Alcalde e Alcalde en funcións Bernardo Varela a tenente de Alcalde Elena Suarez e o presidente do club de piragüismo Fluvial Allariz José Manuel Fernández

Elena Suarez, destacou as boas condicións que reúne o río Arnoia a seu paso por Allariz para a práctica do piragüismo, e reseñou que esta e unha das moitas actividades deportivas que se veñen facendo durante todo o ano na Vila, e que se intensifican no fin de semana da festa da Empanada.

Pola súa parte o presidente do club informou que hai inscritos ——- deportistas ( —- homes e —–mulleres) das categorías prebenxamín, benxamin e alevín, que recorrerán una distancia de 1.000m, infantís que terán un percorrido de 2.000m e os cadetes, xuvenís, sénior e veterans que competirán nunha distancia de 4.000m. Estando previsto o inicio da competición as 11:00 da maña deste domingo 18 de agosto.

Destacou o feito de que este ano se cumpra o 30 aniversario desta regata, para o cal ademais do cartel conmemorativo da mesma, se ten pensado facer un acto especial na entrega de trofeos con xente que participou na organización desta competición na súa primeira edición fai 30 anos.

O Alcalde en funcions Bernardo Varela, destacou a importancia que ten o piragüismo no dia a dia desta vila, no que o Concello aposta pola súa continuidade ano tras ano, e o feito que esta edición sexa o 30 aniversario da unha idea da historia deportiva e boa relación con este deporte da veciñanza de Allariz.

Manifestou o crecemento que ano tras ano ten esta modalidade deportiva, que se converteu en seña de identidade alaricana, e o feito que este ano este considerada como a 3º escola de piragüismo de Galiza (única non pontevedresa entre as 8 primeiras), con unha masa de deportistas cércana as 160 fichas federativas que converte o club de Allariz no 5º galego en número de fichas; moi por encima de clubs de grandes cidades e capitais de provincia, o cal un feito histórico e un orgullo como alaricano.

Nota de prensa del Club Fluvial Piragüismo Allariz