
En ronda de prensa a Escola Basket Xiria presentou o seu NOVO LOGOTIPO e imaxe corporativa do Club e tamén a Campaña de Socios Tempada 2019/20.
CAMPAÑA DE SOCI@S, un ano máis foi realizada pola empresa carballesas DON CLIC. No deseño do cartel, como “xogador franquicia” persona e que representa oa Club, está o capitán do Senior Liga EBA Manu Rey. O restante material da Campaña, componse de Dítico (con prezos dos carnés) e información como abonarse, banner e cambios do deseño na Web e imaxes de Redes Sociais.
NOVO LOGOTIPO OFICIAL, representa un novo estilo, mas futurista e adaptado ao baloncesto. Conservando en grandes letras a palabra “XIRIA”, engade o nome do concello de Cabrallo, así coma o ano e unha landra con follas da carballo. Un balón de BALONCESTO para identificar o noso deporte e un birrete académico, que remarca o concepto de “Escola Deportiva” e a prioridade coma Club de Base. Uns cornos (dun xabarín con “X”), que representan a palabra Xiria (garra, coraxe, ansia, gañas, esforzo…), moi utilizada en determinadas zonas de Bergantiños cos significados anteriores e tamén conserva o color verde Xiria moi característico, así coma o laranxa na utilizado ata o de agora.