Porriño e Maceda porán o peche final a Copa Galicia de Ciclocross 2020

1
David Fernández. Foto: Yaiza Fernández

A Asociación Deportiva Avanza apura ata o último detalle de cara a xornada do sábado, na que o velódromo municipal de O Porriño acollera unha xa clásica proba do ciclocross galego.

Nerviosismo e emoción entre os riders da escola para participar nas dúas probas que se disputarán na fin de semana e que suporán o peche final da Copa Galicia de Ciclocross, non podemos deixar de mencionar que os riders da escola de ciclismo Avanza chegan a recta final con catro maiots de líder entre as súas filas, David Fernández que no mes de setembro conseguía proclamarse campión de España Sub 23 na modalidade de Enduro, agora nos demostra a súa valía tamén na modalidade de Ciclocross intentando manter o maiot de líder ata a xornada do domingo, na categoría Júnior Feminino Laura Mira que no mes de xaneiro proclamábase campiona de España na categoría cadete e agora atópase as portas de ser a campiona da Copa Galicia de Ciclocross categoría Júnior, André Martínez que ven realizando unha magnífica tempada atopase as portas de repetir o titulo de Campión Galego da Copa de ciclocross o igual que na tempada pasada, e na categoría cadete feminino Uxía Soto, campiona Galega 2019  e subcampiona da Copa Galicia de ciclocross na tempada pasada e Subcampiona de España e non se pode deixar de mencionar a Marta Estévez que ven pedaleando en posición de bronce no ranking da Copa Galicia.

Desde a Escola de ciclismo Avanza cruzan os dedos, coñecedores da incertidume que nos esta acompañando durante todo este ano 2020 é en contacto permanente co concello de O Porriño para ir adaptándose as novas normalidades que impón a evolución da pandemia do COVID para tratar de sacar a proba adiante, lembrando que a Copa Galicia de Ciclocross 2019 contou cunha veintena de probas e na edición do 2020  tan conta con cinco probas, conscientes das graves consecuencias xeradas pola pandemia xa non só en temas de saúde si non tamén as económicas, situación que agravou aínda mais as necesidades económicas de moitas familias ante a destrución de postos de traballo. Desde a Asociación deportiva Avanza fai un chamamento a solidaridade dos corredores que acudan a participara como dos veciños e veciñas que aínda que non poida haber público na proba poidan achegarse un pequeno intre e colaborar na medida que sexa posible  na  recollida de alimentos non perecedoiros que se vai levar a cabo durante toda xornada do sábado para axudar as familias mais necesitadas. 

Laura Mira