Por primeira vez na historia, o Vilalba F.S. contará cun equipo feminino

0
 
 
O clube da capital chairega xa viña barallando en anos anteriores a posibilidade de contar cun equipo feminino; pero, a maiores, o interese das xogadoras vilalbesas Antía e Sabela, que militaron estas temporadas en varios equipos de Galicia, foi definitivo para crear a sección feminina do Vilalba F.S.
 
O equipo feminino competirá na categoría Primeira Galicia Feminina de ámbito provincial, co obxectivo de realizar unha boa temporada e ilusionar á xente, ata conseguir a medio prazo, converterse nun referente no fútbol sala feminino da comarca chairega.