Sergi Orgillés Saiz, «Pope», non continuará nas filas mariñás a vindeira tempada. O peche catalán, que remata contrato o 30 de xuño, despídese do Pescados Rubén Burela FS despois de tres tempadas, regresando á estrutura do Palma Futsal, club do que chegou cedido en 2017 para entrar a formar parte do proxecto laranxa pola reconquista da Primeira División.

A familia burelista agradece a gran capacidade de dedicación e sacrificio amosada por Pope ao longo desta fermosa etapa para o fútbol sala mariñán e deséxalle un futuro repleto dos mellores éxitos.