Pontevedra volverá acoller o Campionato de España de Ciclocross no 2020

0

O parque da Illa das Esculturas (Pontevedra) volverá acoller no 2020 o Campionato de España Ciclocross, que se celebrará neste fermoso enclave da cidade do Lérez do 10 ao 12 de xaneiro (venres a domingo), grazas á decidida e firme aposta do Concello de Pontevedra e a Federación Galega de Ciclismo.

Ademais, a Comisión Delegada da RFEC aprobou na súa última xuntanza o calendario da Copa de España de Ciclocross 2019,  certame no que Pontevedra será o escenario da quinta xornada puntuable, o 1 de decembro. Seis serán as citas do circuíto estatal:

26/10/2019: XXXII Ziklokrosa Laudio

27/10/2019: XLIV Elorrioko Basqueland Nazioarteko Ziklokrosa

10/11/2019: XXVII Ciclocross Internacional de Karrantza

17/11/2019: Ciclocross Ciudad de Alcobendas En Bici

01/12/2019: Gran Premio Cidade de Pontevedra

15/12/2019: XXIV Ciclocross Internacional C. Valencia

Nota de prensa de la Federación Gallega de Ciclismo