Sábado de entroido e o Pontevedra R. C tiña por diante a organización de tres partidos oficiais e a participación de gran parte do seu club no entroido da cidade, unha mostra de madurez organizativa e importancia na vida social e deportiva da cidade.

Pola mañá dous importantes partidos de categorías inferiores. En sub 14 primeiro cruce fronte o subcampión do grupo norte, Muralla de Lugo.

Partido precioso e victoria clara dos nosos xogadores-as cun sub 14 cheo de talento, un dos grupos mais nutridos e exitosos dó clube e que rematou cun claro marcador para Pontevedra fronte unha Escola, a lucense, en claro crecemento, un fantástico traballo nun dos históricos baluartes do rugby galego.

Despois,  un clásico dos últimos anos en Sub18, Pontevedra RC-CRAT de A Coruña. O respecto e amistade forxado entre duas Escolas supercompetitivas facía de cada partido unha emocionante festa de rugby.

No partido de ida o Crat gañou por moi pouco, polo que o equipo do Lerez enfrentou o encontro con gañas de demostrar o seu verdadeiro nivel.

O PRC plantexou un partido de enorme existencia física. Os primeiros 40 minutos foron electrizantes e igualados. O Crat respondía con velocidade en ataque e esforzo defensivo fronte a un  PRC con baixas ná línea, pero poderosisimo nó contacto.

A segunda parte foi o momento no que o traballo de desgaste do PRC fixo mella nun valente equipo coruñés, que non baixou os brazos, pero non era quen de parar as acometidas pontevedresas. O resultado final 55-29, demostra o que foi un partido divertido e disputado.

Pola tarde o Pontevedra RC ocupou o seu lugar no desfile de Entroido de Pontevedra, xa unha tradición do clube, que coma outras asociacións e colectivos fan cidade e, no noso caso, sacan o rugby a pasear polas ruas da capital!

O mesmo tempo o equipo senior gañaba o seu penúltimo partido de liga regular. Victoria cómoda fronte o filial de Ourense. O equipo dirixido por Joaquín Maguna aproveitou para mostrar a riqueza do seu xogo de ataque. Un triunfo por 70-0 que serviu para celebrar o nacemento da primeira sobriña do noso adestrador senior. Felicidades Juaco!!

En dúas semanas,  en Vilagarcia, un dos partidos marcados no calendario, o duelo das rías baixas, Ingleses-Pontevedra.

 

FUENTE Y FOTO: PRENSA PRC