Xogadoras e corpo técnico do Pescados Rubén Burela FS foron sometidos este mediodía aos test de COVID-19, con pleno de negativos para seguir preparando o play off exprés polo título de Primeira que terá lugar nas vindeiras semanas, medíndose a Alcorcón e Ourense Envialia.

O servizo médico da Mutualidade de Servizos Españois, coa coordinación da RFGF, trasladouse ao pavillón Vista Alegre para realizar as probas, segundo o acordo selado entre a RFEF e MUPRESFE.

A instancias do club mariñán, tamén foi sometido aos devanditos test persoal externo e interno de apoio, así como persoal administrativo, na clínica focega Maas+Saúde.