Nova victoria das rapazas da UD Ourense diante das pechacancelas nun partido sen moita historia que lles permite seguir no liderato

 

Balaidos: Beatriz, Anxela, Barbara, Andrea, Ana, Sara Fernandez, Maria, Sara Carballido, Yazmina.

UD Ourense: Bermejo, Ile (Alba Doallo 59′), Cris Pumar, Maria, Nina, Pacy (Raquel 46′), Palo, Noe, Lola (Sara 46′), Hele (Nere 59′), Yani.

Goles: 0-1 Yani min 10; 0-2 Palo min 18; 0-3 Yani min 25; 0-4 Noe min 32; 0-5 Hele min 34; 0-6 Yani min 44; 0-7 Ile min 53; 0-8 Sara min 56; 0-9 Ile min 58.

Árbitro: Jonathan Acedo Gonzalez. Sen amonestacions.

Incidencias: partido correspondente a 28ª xornada do Grupo Sur da Segunda Autonómica disputada no campo de Coia (Vigo).

 

A primeira metade foi un continuo goteo de ocasions das visitantes que se convertiron en seis goles antes do tempo de lecer. Yani con tres goles, Palo, Noe e Hele deixaban o partido visto para sentencia ante un rival que so dispuxo dun tiro fora en toda a primeira metade.

A segunda metade o ritmo decaeu ainda mais pero ainda asi chegaron 3 goles mais obra de Ile por partida dobre e de Sara antes de que unha granizada fixera deter o encontro. Na reanudacion non houbo mais goles.

Tres novos puntos para a UD Ourense que permiten achegarse mais ao ascenso. O vindeiro partido sera o domingo no Monte da Aira contra o Tyde.