Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cami, Lara Balseiro, M. Cortés, cinco inicial; también jugaron Cristina, Cilene, Peque, Jenny, Bea Mateos, Elena Aragón, Ale de Paz, Sandra Buzón
Ourense Envialia FSF: Vane Barberá, Sara Moreno, Iria Saeta, Laura Uña, María, cinco inicial; también jugaron Jenny Lores, Judith, Andrea Feijoo, Marta, María Arias, Uxía
Goles: 0-1, minuto 12, Andrea Feijoo; 1-1, minuto 16, Peque; 2-1, minuto 17, Cilene; 3-1, minuto 19, Jenny; 4-1, minuto 23, Peque; 5-1, minuto 34, Peque; 6-1, minuto 38, Dany.
Árbitros: Menéndez Nistal // Coello Martínez. Por Ourense amarela a Judith e Sara Moreno
Incidencias: Terceiro amigable de pretempada das Guerreiras Laranxas, disputado no pavillón cervense da Veiga, en San Cibrao.
O pavillón da Veiga de San Cibrao acolleu esta sábado a estrea de amigables das Guerreiras Laranxas na Mariña cunha ampla vitoria ante o que será o seu primeiro rival de liga, o Ourense Envialia (6-1).
O equipo de Julio Delgado e Lucas ofreceu un partido moi completo nesta terceira cita de preparación 2020-21. Superados uns primeiros momentos dubitativos, as burelistas puideron plasmar sobre a pista unha versión moi seria, cun paso adiante en solidez e temperanza con respecto ao test anterior, o do mércores en Poio, que acabou en empate.
A iniciativa ourensá no 12 foi tan só un espellismo. Igualou Peque no 16 a pase de Cristina. En tan só un minuto Cilene adiantou as mariñás dende pista laranxa aproveitando que a meta ourensá estaba moi adiantada. O terceiro chegou antes do descanso, cun pase ao segundo pau de Jenny.
As de Morenín tiveron a oportunidade de reducir distancias en dobre penalti coa ex das laranxas Jenny Lores, pero aí estaba Sandra para evitalo. Peque, no 23 e no 34, e Dany completaron a renda.

Vista Alegre terá dobre cita a vindeira semana, para ambos os partidos, terán acceso gratuíto os abonados mixtos e femininos de 2020-21.:
- Mércores 7 con Castro FSF (21.00 horas)
- Sábado 10 coa volta de semifinais de XIV Copa Galicia ante Viaxes Amarelle (19.00 horas, TVG2).