ATLETISMO: Campeonato de Europa en Pista Cubierta. Pabellón cubierto Arena en Glasgow (Great Britain)/ European Athletics Indoor Championships. Arena Stadio in Glasgow (Great Britain). 1 a/to 03-03-2019. Triple salto mujeres; Ana PELETEIRO. FOTO/PHOTO: J. A. MIGUELEZ.

 

Como cada ano a Real Federación Española de Atletismo elixe ós/ás mellores do atletismo 2019 entre todos os seus estamentos atléticos.

Por tal motivo confecciona unha lista ca relación de nominados e finalistas en función dos méritos deportivos acadados e no que este ano o atletismo galego estará representado por Ana Peleteiro, Adrián Ben e o atleta máster Pepín Rioseco

De Ana Peleteiro destacase a súa plusmarca nacional na proba de triplo; o Campionato de Europa de pista cuberta en Glasgow; o sexto posto no mundial en Doha; o Campionato de España de Antequera e o segundo posto no Campionato de Europa por seleccións en Bydgoszcz.

De Adrián Ben encadrado na categoría de mellor atleta masculino Sub23 destácase o bronce no nacional absoluto dos 1.500 na pista cuberta de Antequera; o triunfo no Campionato de Unión Mediterráneo Sub23 de Miramas; a internacionalidade absoluta no Campionato de Europa de pista cuberta en Glasgow; o décimo posto no Campionato de Europa Sub23 de campo a través en Tilburg; o sexto posto no mundial na proba dos 800 m. en Doha; o Subcampionato de España nos 800 m. de La Nucía e o Campionato de España Sub23 dos 1.500 m. de Tarragona.

Por último de Pepín Rioseco valorase o récord do Mundo nos 2.000m obstáculos; o Récord de Europa de pista cuberta na proba dos 800 m.; os tres récords de España e a valoración de 108,65% por táboa WMA.

 

Relación de atletas galegas/os premiadas/os nas distintas edicións

  •   Mellor Sub20: David Gómez (2000); Tariku Novales (2017) e Ana Peleteiro (2011,2012 e 2013)
  •   Mellor atleta Sub23: Lidia Parada (2015)
  •   Mellor máster: Chus Sanguos (2003 e 2010) e Esther Pedrosa (2018)
  •   Adestrador revelación: Abelardo Moure (2012)
  •   Xuices: Dolores Rojas (2002); Jorge Blanco (2011) e Angel López- Montesinos (2012)
  •   Xuices noveles: Guillermo Sandino (2015) e Anxo Pérez (2016)
  •   Mellores organizadores: GP Cantones de Marcha (2015,2017,2018)
  •   Traxectoria ó fronte dunha organización: Dolores Rojas polo G.P. Cantones de Marcha (2013)
  •   Outros premios, placas e distincións: Julia Vaquero (1998); Mariano García-Verdugo (2012); Alfonso Ortega e Alfoso Posada (2016)