Paula Sanmartín incorpórase ao Bizkaia-Durango

0

Paula Sanmartín (Vigo, 1997) é a undécima ciclista confirmada no cadro de corredoras do Bizkaia-Durango para a temporada 2020.

A ciclista galega, procedente do equipo Eneicat, conta con dous anos de experiencia en equipos UCI, incluída unha campaña en Italia na que tivo a oportunidade de debutar no UCI Women’ s WorldTour, disputando carreiras como a Strade Bianche.

Sanmartín é unha ciclista todoterreo que ofrece boas prestacións en carreiras duras, sen esquecer a contrarreloxo, modalidade na que conseguiu algúns dos seus maiores éxitos.

«Cambiar de aires e unirme a un equipo como Bizkaia-Durango creo que é moi bo para min. Pasei estas dúas últimas temporadas con momentos duros e confío en que no meu novo equipo poderei dar o mellor de min para conseguir resultados. Hai uns anos, en cadetes e juniors, poder estar algún día en Bizkaia-Durango parecíame case un soño; eskerrik asko ao equipo por esta oportunidade que espero aproveitar. Teño moi boa relación con varias das que serán as miñas compañeiras e creo que iso sempre é algo bo á hora de crear ambiente de grupo», sinalou a viguesa.

Nota de prensa de la Federación Gallega de Ciclismo