Patinaxe Artística / Rematou a Fase de Niveis para a Escola Lubiáns

0

Rematou onte a II Fase de Niveis do 4 o 10 no que as patinadoras da Escola Lubiáns disfrutaron dunha gran xornada de patinaxe artística.

Celia Fernández e Mara Rodríguez superaron o nivel 4, mentres que Cayetana Pardiño fixo o mesmo co nivel 7. O resto das patinadoras quedaron ás portas do apto, así que toca seguir traballando e mellorando. Moitos parabéns a todas! E a seguir! Forza Lubiáns!!!