Partido histórico do Celta ante o Alavés (6-0)

0

FICHA TÉCNICA

RC Celta 6-0 Deportivo Alavés

Aliñación RC Celta: Rubén, Murillo, Lucas Olaza, Kevin Vázquez, Araujo, Rafinha, Okay, Fran Beltrán, Denis Suárez, Iago Aspas e Smolov.

Aliñación Deportivo Alavés: Roberto, Laguardia, J. López, Magallán, Martín, Edgar, Fejsa, Pere Pons, Borja Sainz, Joselu e Lucas Pérez.

Goles: 1-0, min. 14 (Jeison Murillo). 2-0, min. 20 (Iago Aspas). 3-0, min. 40 (Rafinha). 4-0, min. 41 (Rafinha). 5-0, min. 78 (Nolito). 6-0, min. 86 (Santi Mina).

Árbitro: Cordero Vega

Campo: Estadio Municipal de Balaídos

ANÁLISE

partido da tempada en Balaídos tivo que chegar cando non poden estar os celtistas nas bancadas. Dende o encontro ante o Valladolid o mércores sabiamos que este era un encontro importante, pero non poderiamos nin imaxinar o que realmente pasaría. 6 goles dos celestes con actuacións espectaculares de todos eles. Este Celta-Alavés non se esquecerá facilmente no val do Fragoso.

No primeiro tempo, o Celta xa comezou con intensidade. Víase outra cara no equipo. Así, Murillo no 14 conseguiu abrir a lata despois de 402 minutos sen que o conxunto vira porta. Tras este gran comezo seguiron loitando e cinco minutos despois Aspas anotou un penalti por man dentro da área. A sorte que lle fallou o mércores veulle de cara nesta ocasión. A continuación, Roberto comezou a soster ao Alavés e atallou unhas ocasións de Okay Smolov. No 27 o Alavés quedou cun menos pola expulsión de Martín, que realizou unha forte entrada sobre Rafinha. Pero cando o fillo de Mazinho estivo recuperado, non deixou escapar a oportunidade de amosar a súa maxia con dous tantos consecutivos nos minutos 40 e 41. Estes primeiros 45 minutos frenéticos remataron cunha gran parada de Rubén a Joselu.

Ao comezo da segunda metade entraron ao campo Nolito e Bradaric por Rafinha e Okay. O xogo dominante do Celta seguiu sendo o mesmo, pero con menos intensidade que antes. Denis Suárez dispuxo de varias ocasións que conseguiu solventar Roberto. Nos seguintes minutos Óscar García deu entrada a Santi MinaBrais Méndez e Aidoo por Fran Beltrán, Iago Aspas e Jeison Murillo. Acto seguido o colexiado volveu indicar penalti por unha forte entrada a Kevin dentro da área. Lanzouno e anotou o retornado Nolito, mellor reestrea imposible. No 86 chegou o derradeiro tanto, de Mina a pase do sanluqueño.

Mediodía histórico para o Celta e o celtismo. Esta é a maior goleada da presente tempada. É difícil de crer este resultado, pero o equipo debe manter os pés no chan e continuar a boa liña. Agora o Celta posúe catro puntos de ventaxa co descenso, poderán ser máis se se acada un resultado positivo o mércores contra a Real Sociedad. Visto o visto, nada é imposible.

highlight_image

Fotografía: La Liga Santander