O Calvo Xiria recibe éste vindeiro sábado as 17:30 horas no pavillon Vila de Noia, a un tradicional equipo da liga Eba e que o ano pasado, disputou a fase de ascenso a Leb Plata. Baixo a gran dirección de Alberto Fafián, adestrador histórico no club Chantandino, o equipo Lucense posue un gran quinteto inicial, dos mais fortes da categoría, e na última xornada recuperou a Filip Knezevic, que non poidera xogar ata agora por problemas burocráticos, e que debutou collendo 20 rebotes na victoria ante Leon; Xunto a eles, xogadores con experiencia Leb como Martin Rodriguez , dominadores da liga EBA como Cristian Iglesias o escolta portugés Gonzalo Tavares, que está a promediar 14 puntos por encontro e o ex_xiria Ruben Pernas. Ata o de agora, o Chantada comparte balance co Calvo Xiria , con tres victorias e dúas derrotas.
Para o adestrador carballés Fernando Buendía, igualar a pelexa polo rebote, poder correr e xogar en transicións poden ser claves para estar metidos no partido. No equipo Local, despois de unha semana de moitas pequeñas lesións, Pablo Pizarro e Jovan Vukasinovic causarán baixa. O equipo agarda o apoio da afeción para poder plantar cara a un equipo chamado a estar nos primeiros postos.
RECOÑOCEMENTO A CRUZ VERMELLA CARBALLO
A Escola Basket Xiria, convidou a Cruz Vermella de Carballo para recoñocer e difundir o importante labor que realiza, nesta ocasión destacando un dos seus eixos principales, O VOLUNTARIADO.
No descanso farase entrega dun recordos e agasallosao Presidente Roberto Mallo Souto, a secretaria María Cristina Pérez e a coordinadora Ana Veira Muñiz.
As persoas voluntarias de Cruz Vermella de Carballo, co seu esforzo e dedicación, fan posible poñer en marcha actividades que contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas da nosa vila. Dende o seu comezo máis de 200 persoas pasaron como voluntarias por esta organización, atopándose en activo 41 delas. As áreas nas que colaboran son entre outras: Intervención Social, Inclusión e emprego, Medio Ambiente, Familia e infancia, Cooperación Internacional e Voluntariado.
Cruz Vermella ten como misión estar cada vez máis cerca das persoas que o precisan e para iso ven desenvolvendo a súa actividade en Carballo dende Xuño de 1981.
Nota de prensa del Escola Basket Xiria