Ouro para Julia Vaquero e prata para Alex Fernández no Campionato de España de 10 Km

0
 

Julia Vaquero proclamaríase Campioa de España dos 10 Km. na categoría F50 no Campionato de España desevolto esta fin de semana na localidade extremeña de Don Benito.

A atleta olímpica lograba un rexistro de 41:20 que lle daban un triunfo que engade ao subcampionato de España de media marathón de fai apenas unha semana.

O atleta internacional Alex Fernández pola súa banda subiría ata o segundo posto na categoría M35 logo de invertir un crono de 30:13.

Outro dos postos notorios foi acadado polo atleta do Ourense Atletismo José Benito Gómez quen lograba un sexto lugar na categoría Máster 60 con 39:51

Por equipos o ADAS Proinor lograba o quinto posto na categoría M35 e o oitavo na categoría absoluta.