Ouro e prata para Antonio Remuiñan do AD Fogar no Galego Máster AL

0

A pasada fin de semana, Antonio Remuiñán participaba coa A.D. Fogar no XXXIV Campionato Xunta de Galicia Máster en Pista ao Aire Libre que se desputaba no C.G.T.D. de Pontevedra.

O atleta do AD Fogar, da man do seu adestrador Alejandro López, facíase con dúas medallas, a de ouro nos 1.500 metros e a de prata nos 200 metros. Probas nas que batía tamén as mellores marcas do clube na categoría dos 70 aos 74 anos cun novo rexistro de 6.23.73 nos 1.500 e de 0.36.18 nos 200.