Ourense acollerá o Campionato Galego de Kickboxing

O torneo, que se desenvolverá no Pavillón dos Remedios o 20 e 21 de marzo, presentouse esta mañá no salón de plenos e contará coa participación de 203 deportistas.

0

Ourense, 11 de marzo de 2021.- Esta mañá presentouse no salón de plenos do Concello de Ourense o Campionato Galego de Kickboxing 2021, organizado pola Federación Galega de Kickboxing.

Os días 20 e 21 de marzo celebrarase no Pavillón Municipal dos Remedios este campionato nas especialidades de TATAMI SPORT (contacto lixeiro), para as categorías infantil, xuvenil, cadete, junior y senior, e RING SPORT (contacto pleno) nas categorías junior y senior.

Participarán un total de  203 deportistas, 43 clubs e haberá representación das 4 provincias galegas.