Ourense acollerá o Campionato de España de atletismo máster en pista cuberta

Máis de 1.000 atletas participarán na proba que se disputará do 26 ao 28 de novembro en Expourense.

0

 

Ourense, 22 de novembro de 2021.- O tenente de alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea, e o concelleiro de Deportes, Mario Guede, asistiron esta mañá á presentación do XXXII Campionato de España de atletismo máster en pista cuberta, que se desenvolverá desde o día 26 ao 28 de novembro na pista cuberta de Expourense.

Unha proba de “altísimo nivel”, subliñou Mario Guede, quen valorou moi positivamente que Ourense sexa sede desta competición “tanto desde o punto de vista deportivo como para a economía local, porque máis de 1.000 atletas coas súas familias estarán durante estes días en Ourense e coñecerán a nosa cidade”.

O concelleiro de Deportes animou o público ourensán a que se achegue a Expourense do día 26 ao 28 de novembro para desfrutar desta gran competición deportiva.