Ourense acolle a fase final do Campionato Galego de Kickboxing

0

 

[alert type=»success»]

  • As pesaxes comezarán ás 12:00 horas, e as finais a partir das 20:30 horas. A modalidade dos combates admite o KO, o que asegura a espectacularidade dos enfrontamentos.
  • Recolleranse alimentos e mantas para a protectora PROGAPE.

[/alert]

 

O pavillón anexo dos Remedios acollerá, este sábado, o Campionato Galego de Kickboxing. Cunha participación de 50 persoas sumando as diferentes categorías e pesos, non só se decidirán os mellores deportistas da comunidade, senón tamén os representantes da delegación galega para o Campionato de España, que se celebrará no mes de xuño en Castela A Mancha.

 “O campionato lucirá a nova imaxe do anexo, unha instalación que vén de ser completamente renovada e que estou de seguro que será o lugar ideal para esta cita”, aseguraba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, quen lembrou a “excelente saúde da que goza este deporte á vista do público congregado na gala de apoio a Simón González”. Durante a presentación pública, no salón de plenos do Concello de Ourense, todos os presentes resaltaron a figura de Carlos Conde, introdutor desta modalidade na cidade.

 

A competición

As pesaxes comezarán ás 12:00 e 15:00 horas, e as finais a partir das 20:30 horas. O cerne da competición comezará ás 16:00 horas coas diferentes probas clasificatorias, e non será ata as 20:30 que comecen as finais. O prezo das entradas para última hora é de 10 euros, e tamén haberá unha parte solidaria: Recolleranse, ademais, alimentos e mantas achegados de forma solidaria para a protectora de animais PROGAPE.

 Manuel Míguez Jr, campión de Europa desta especialidade no último torneo celebrado en Portugal e cinco veces campión de Galicia, daba serias posibilidades aos deportistas de ourensáns, que competirán tanto en categoría masculina coma feminina.