Nota de prensa de la Federación Gallega de Atletismo

A Real Federacion Española de Atletismo acaba de facer público a lista de atletas seleccioados/as para tomar parte no encontro cuadrangular Internacional de lanzamentos Sub20/e Sub23 que enfrontará as seleccións de España, Bielorrusia, Portugal e Dinamarca o vindeiro día 18 de maio en Madrid.

A esta cita acuden as xavelinistas Ivanna Carolina Román na categoría Sub20, Andrea González na Sub23 e o lanzador de disco Nicolás García na Sub20

A coruñesa militante no RIA Ferrol, que xa fora internacional no ano 2017, acude a este encontro cun mellor rexistro de 43.82 m. (MMP) que fan que ocupe a segunda posición no ranking nacional. Pola súa banda tamén repite internacionalidade a lanzadora da Gimnástica Andrea González, quen acude cunha MMP de 50.78 m. que a sitúan de líder no ranking da súa categoría. Lembramos que a pontevedresa estaría a piques o ano pasado de acadar o bronce no nacional absoluto logo dunha importante progresión mantida ó cabo de toda a tempada.

Por último outro dos convocados para este encontro é o atleta do Real Club Celta Nicolás García, bronce no nacional Sub18 do ano pasado en disco, quen acude ca segunda mellor marca do ranking de 50.16 m. (MMP).

A esta cita tamén acudirá como responsable técnico o adestrador Santi Ferrer Moreira.

Comentarios