Foto: Adrián Haz

92 deportistas dos equipos federados de natación e tríatlon da AD Fogar foron convocados en Carballo para o comenzo da nova Tempada 2020 – 2021.

O novo horario proposto e mesmo a distribución dos grupos, axústase aos protocolos federativos fisicovid deporte galego, as novas restricións sanitarias da nosa área de influencia e as medidas preventivas establecidas por parte do Concello de Carballo e a nosa propia entidade.

Nas seguintes ligazóns podedes atopar os protocolos federativos.
Protocolo Fisicovid-19 da FEGAN:
https://www.fegan.org/fegan/tprd/1920/noticias/07/20200710_xer_protocolo_covid19/protocolo_e_taboas_fisicovid_fegan_20200707.pdf
Protocolo Fisicovid-19 da FEGATRI:
https://fegatri.org/wp-content/uploads/2020/08/20200814_PROTOCOLO-COVID-FEGATRI_definitiva_FEGATRI_SXD.pdf

E tamén como documento adxunto a esta mesma nova tedes o noso propio protocolo de actuación fronte ao Covid-19 e os novos horario e listados de grupos para este primeiro trimestre desta nova campaña.

Facemos saber ademáis aos nos@s asociad@s que seguiremos traballando arreo para que os 218 nen@s das nosas Escolas de Base poidan retomar canto antes a súa actividade. Por último e en nome de tod@s @s que conformamos a Xunta Directiva da entidade queremos agradecer a comprensión, solidariedade, responsabilidade e compromiso que estan a demostrar @s soci@s do clube; porque grazas ao esforzo conxunto de tod@s continuamos á boia sen deixarnos a ninguén atrás.