1ª Autonómica Sénior Masculina: Nova Xestión Pabellón, 24 (10) – Bm. Culleredo, 20 (11)
 
[alert type=»success»]Nova Xestión Pabellón: Cerviño (P), Nogue (5), Borja (1), Fran, Dani, Brais, Víctor (3), Manu, Fernando (P), Gabi (2), Alex (7), Rubén.[/alert]
 
Bm. Culleredo presentábase nos Remedios cun expediente inmaculado, duas victorias en dous enfrontamentos, con victorias fronte Pontedeume e Bm. Tui. E durante a primeira parte do partido ofreceu a imaxe dun equipo chamado a ocupar os postos altos desta primeira autonómica. Con un punto de intensidade superior aos de Nova Xestión, tanto en ataque como en defensa, foi manexando certas rendas no marcador situadas entre os tres e os catro goles. Non se apreciaba a forma en que os locais puideran dar a volta ao discurrir do partido. Sin embargo, pouco a pouco, os de A Coruña foron diluíndose como equipo en parte polo tono que foron adoptando os de Diego Lorenzo. Xa ao descanso a diferenza adquire valores mínimos, 10 – 11 para os visitantes.
 
Na segunda metade os pabellonistas completaron unha das intervencións máis completas que se lle recorda nos últimos tempos. Brais e Borja fixéronse os donos da zona central defensiva neutralizando ao mellor lanzador contrario. Rubén encontrou o seu lugar na portería e con brillantes paradas conduciu aos seus compañeiros a sellar a súa área dos ataques adversarios. Gran aporte en ataque de todo o grupo, con uns salientables Alex, Noguerol e Javi, mentres que xente como Víctor e Gaby amosaron a súa gran capacidade de sacrificio ocupando postos que non son os seus para cubrir as baixas que o sábado presentaba o equipo.
 
Ao final 24 – 20 ante un rival complicado. Magnífico resultado que aupa aos de Lorenzo á segunda praza e que ven a demostrar que o equipo está collendo a forma óptima deportiva e que cando o esforzo é colectivo de verdade todo resulta máis doado.
 
 
 
2ª Autonómica Sénior Feminina: Nova Xestión, 29 (17)- SAR, 24 (13)
 
[alert type=»success»]Nova Xestión Pabellón: María Vega (2), María Katukunani, Ana Pérez (15), Raquel (5), Elisa (2), María Puga (2), Elena Valcárcel (3) e Bárbara (P).[/alert]
 
Agradable sorpresa a que brindaron as rapazas de Zarra esta fin de semana. Esperábase da SAR, filial do equipo punteiro de primeira división, unha dificultade maior. Todo o contrario, as rapazas de Nova Xestión foron quen de dominalas de principio a fin gracias aun traballo perfecto mezcla de mobilidade na circulación do balón, con unha Ana Pérez inconmesurable (15 goles) e un gran sacrificio defensivo de apoios mutuos e certa agresividade para neutralizar o xogo das redondelanas cara unha debutante Bárbara na portería local. Nesta faceta defensiva, sobre a labor colectiva hai que destacar a potencia de Raquel no centro da defensa. Cada intento de penetración pola súa zona era perfectamente repelido pola aguerrida defensora local que se mostrou no día do sábado especialmente agresiva.
 
Tres victorias encadeadas para as locales que van acumulando puntos a espera de fases máis complicadas nesta liga. A vindeira semana desprazamento cara terras de Camariñas, lugar onde sempre é difícil sacar algo positivo.
 
 
Segunda Autonómica Xuvenil Masculina: OAR Coruña, 37 (18) – Nova Xestión Pabellón, 26 (11).
División de honra cadete feminina: SAR, 34 (18) – Nova Xestión Pabellón, 18 (12)
Segunda cadete Masculina: OAR Coruña, 34 (18) – Nova Xestión Pabellón, 32 (17)
División de honra infantil feminina: SAR, 17 (7) – Nova Xestión Pabellón, 18 (6)
División de honra infantil masculina: Nova Xestión Pabellón, 13 (8) – Xiria, 28 (13).