Os equipos do Nova Xestión Pabellón acadan victorias de mérito

0

 

1ª Autonómica Sénior Masculina: Nova Xestión Pabellón, 27 (14) – Atl. Novás, 23 (11)
 
[alert type=»success»]
Nova Xestión Pabellón: Manuel, Fran (7), Dani, Xurxo (6), Gabi (3), Víctor (1), Fernando (P), Alex (4), Rubén (P) e Brais.[/alert]
 
Presentábase un partido complicado por enfrontarse a un rival que conta nas súas ringleiras con xogadores que alternan co equipo de primeira estatal. Ademáis as baixas de Noguerol e de Borja aínda complicaba máis as perspectivas para obter algo positivo neste partido. 
 
O partido principou con un ritmo moi alto no que o acerto do xuvenil Javi e de Xurxo no extremo, así como a bóa dirección de Brais no centro da defensa permitiu aos ourensán adquirir certas vantaxes no marcador. Reacción ao banquiño visitante aumentando a intensidade e realizando cambios na primeira liña, o que aumentou o su potencial de lanzamento e de penetración. Sin embargo, os locais interpretan ben a situación e guiados de forma maxistral no centro tanto por Gabi como por Alex manteñen as diferenzas para chegar ao descanso co 14 – 11.
 
Neste intre o visitantes xa tiñan neutralizado ao goleador Javi cunha defensa individual. Na continuación o Atl. Novás mantén o alto ritmo así como a defensa presionante sobre Javi, pero a primeira liña de Nova Xestión non dubida e tanto Fran como Alex como o xuvenil Dani manteñen o tipo e non permiten a aproximación de Atl. Novás que ao final claudica ante o bó facer e gran plantexamento do equipo dos Remedios.
 
Puntos importantes para principiar a liga e coller folgos ante o reto da vindeira semana na que é obrigada a visita ao Ribeiro para medirse fronte ao Viña Costeira.
 
 
 
2ª Autonómica Sénior Feminina: Nova Xestión Pabellón, 19 (8)- Atl. Guardés, 18 (8)
 
[alert type=»success»]
Nova Xestión Pabellón: Elena (1), Elisa (5), María Vega, María Katukunani (1), Ana (7), Raquel (3), Bea (P), María Puga (2), Carmen Katukunani e Sarai (P).[/alert]
 
Dous puntos sufridos para as rapazas de Zarra que tras un primeiro tempo igualado tomou lixeiras vantaxes na reanudación para rematar gañando o enfrontamento. 
 
A igualdade foi a tónica do enfrontamento ante un equipo filial do Atl. Guardés que milita na primeira liga nacional. So nos últimos minutos do encontro as locais foron capaces de establecer a pequena diferenza que reflexa o marcador final gracias a un sacrificado esforzo de todas as xogadoras na que merece ser destacad a conexión central-pivote entre Ana e Elisa e sobre todo a brillantes intervenciós no segundo tempo da porteira xuvenil Sarai que nos momentos complicados mantivo a súa portería a salvo.
 
 
 
 
Outros resultados autonómicos de Nova Xestión Pabellón:
 
2ª Autonómica Xuvenil masculina: Viña Costeira Ribeiro, 16 – Nova Xestión Pabellón, 44
División de Honra Cadete Feminina: Bm. Porriño, 22 – Nova Xestión Pabellón,32
2ª Autonómica Cadete Masculina. Viña Costeira Ribeiro – Nova Xestión Pabellón (retirado Viña Costeira Ribeiro)
División de Honra Infantil Feminina: Bm. Porriño, 17 – Nova Xestión Pabellón, 14
División de Honra Infantil Masculina: Oar Coruña, 27 – Nova Xestión Pabellón, 16.