A actividade arrincará na Praza do Concello ás dez da mañá. O evento consiste nunha concentración de vehículos históricos e clásicos, cunha ruta turística polo Concello e con parada obrigatoria nas Pesqueiras e o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arbo”. Despois, os participantes poderán gozar dunha copiosa comida no restaurante Os Pirús. O prezo da comida ascende a 20 euros e serán ingresados na conta do Restaurante (ES64 2080 5011 8830 4001 3796). O acto finaliza ás 17:00 horas coa exposición de coches e posterior entrega de agasallos aos participantes.

Todos os que queiran participar deberán enviar as solicitude ao Concello de Arbo a través do correo electrónico comunicacionyprensa.arbo@gmail.com. Máis información na web www.concellodearbo.es

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, manifesta que esta tamén é unha actividade ideal para promocionar os encantos únicos e belezas naturais que este municipio da provincia de Pontevedra pode ofrecer aos visitantes. Desde o  Concello está a apostarse polo turismo e todos os seus recursos, enfocando a súa promoción a todos os públicos, a todos os sectores e a todas as formas de viaxe posibles.

 

Departamento de comunicación do  Concello de Arbo