Os atlet@s máster galegos destacan no ranking nacional

A pasada semana a RFEA daba a luz un excelente traballo estatístico onde se elaboraba un Ranking de España máster de pista cuberta de todos os tempos en ambas categorías.

0

 

Nesta relación na que figuran os/as mellores atletas máster de sempre de cada categoría, cóntase ca presenza dun total de dazoito galegos e galegas liderando as súas respectivas categorías.

Entre eles os que máis veces aparecen nesa relación son Julián Bernal quen lidera nada menos que catro categorías, José Rioseco con tres e de Chus Sanguos, Esther Pedrosa e Emilia Mesa con dúas. Precisamente esta última atleta ourensá figura en oito ocasións entre os tres primeiros postos das súas probas.

Os sectores de medio fondo e fondo son os que máis presenza galega teñen, sendo un factor determinante para esta evolución de rexistros a nivel xeral, a inauguración a finais do 2017 da pista cuberta de Expourense.