Na categoría masculina o Olímpico de Vedra, que era o anfitrión e organizador, fixo unha proba espectacular e acadou o triunfo, ao chegar a meta cun tempo de 01:01:16. O segundo clasificado foi o Tríatlon Ferrol (01:01:35), mentres que o bronce foi para o Atletismo Porriño cun tempo de 01:02:44.

Na categoría feminina, o título foi para Náutico de Narón, que parou o crono en 01:19:01, con case sete minutos de vantaxe sobre o campión do pasado ano, NoSportLimit (01:26:59). O bronce foi para Olímpico de Vedra (01:30:12).

Ademais dos dous campionatos galegos, este ano tamén se celebrou unha proba Open, o que permitiu a participación total de 81 equipos e 430 deportistas. Na proba Open masculina venceu o Olímpico de Vedra B e na feminina tamén logrou o triunfo o Olímpico de Vedra B.

Nesta modalidade contra o reloxo, os equipos, que saen de forma escalonada cada minuto, están compostos por entre 4 e 6 compoñentes, que teñen que disputar a proba agrupados en todo momento. Non está permitido o drafting (ir a roda doutro equipo). Ao final conta en meta o tempo do cuarto integrante do club, despois de completar un recorrido de 5 quilómetros a pe, 20 en bicicleta e 2,5 qm. a pe novamente.

 

Comentarios