Oira acolle este verán o Circuíto Galego de Volei Praia

Organizado polo Club Milenio Ourense e o Consello Municipal de Deportes, desenvolverase nos meses de xuño, xullo e agosto logo da reforma integral das instalacións.

0

  • O novo recinto Oira Praia contará cunha zona de lecer para os deportistas e unha caseta adaptada como zona de vestiarios e como local social para a organización de eventos e de campionatos.

  • Presentouse, ademais, o XIII Torneo «Cidade de Ourense» sénior, o 30 de xuño e o 1 de xullo en Oira, de 10:00 a 20:30 horas.

 

Ourense, 28 de xuño de 2018.

As instalacións de volei praia do complexo deportivo de Oira acollen, durante os meses de xuño, xullo e agosto 2018, as competicións do Circuíto Galego de Volei Praia. A cita, organizada polo Club Volei Praia Milenio Ourense e o Consello Municipal de Deportes, dará a posibilidade de inaugurar as dúas novas pistas regulamentarias para a práctica de volei praia, unhas “instalacións que nos ofrecen a posibilidade de desenvolver campionatos locais, autonómicos ou de carácter nacional durante os meses de verán”, en palabras do concelleiro de Deportes, Mario Guede.

Ademais das dúas pistas regulamentarias, o novo recinto Oira Praia contará cunha zona de lecer para os deportistas e unha caseta adaptada como zona de vestiarios e como local social para a organización de eventos e dos distintos campionatos de volei praia que se celebren este ano, tanto nos circuítos autonómicos e nacionais. Esta reforma integral das instalacións posibilitará, ademais, o adestramento adecuado para os xogadores federados para competir nas distintas probas autonómicas e nacionais.

Calendario de probas:

  • 7-8 xullo – 2º Torneo Categorías Inferiores Milenio

  • 13-15 xullo – 1º Torneo Sénior Do Campionato Galego

  • 20-22 xullo – Proba Categorías Inferiores Campionato Galego

  • 4-5 agosto – 3º Torneo Categorías Inferiores Milenio

  • 10-12 agosto – 2º Torneo Sénior Do Campionato Galego

  • 18-19 agosto – 4º Torneo Categorías Inferiores Milenio

  • 24-26 agosto – 3º Torneo Sénior Campionato Galego (PROBA Final)

  • 1-2 setembro – 5º Torneo Categorías Inferiores Milenio

XIII Torneo «Cidade de Ourense». Na presentación do Circuíto presentouse, ademais, a décimo terceira edición do Torneo Cidade de Ourense de Volei Praia, dentro da programación das Festas de Ourense, unha proba que, coma as anteriores, tamén é puntuable para o ránking galego e nacional.

Os partidos comezarán mañá, xoves, coa disputa das fases previas. O sábado 30 terá lugar a competición masculina e, durante o domingo, a feminina.