[alert type=»success»]
  • A delegación chinesa realizará unha exhibición desta arte marcial antes do inicio do campionato e impartirá, do 4 ao 10 de xullo, unhas xornadas de tecnificación únicas no país.
  • O luns comezará, no Xardín do Posío, unha nova edición do Taichi para todos tentando bater o récord de asistentes, desta vez con abanos.
[/alert]

 

Os mellores deportistas de Wushu do mundo concéntranse esta fin de semana no Pavillón dos Remedios para celebrar a XV edición do Trofeo Internacional Cidade de Ourense. Serán preto de 300, e chegados desde China -berce desta modalidade-, Suíza, Portugal e de 6 autonomías diferentes de España. “O wushu comprende diversas formas de traballo que van da preparación física á defensa persoal, pero sen esquecer outras tan beneficiosas coma a concentración e a relaxación”, comentou o alcalde de Ourense, que celebrou engadir esta competición ao programa das Festas de Ourense.

 

WUSHUA delegación chinesa, da que “os ourensáns temos tan bo recordo en Ourense desde a súa visita en 2006”, lembraba o concelleiro de Deportes, Mario Guede, abrirá o programa de actividades ás 17:00 horas cunha exhibición de artes marciais na que estarán acompañados dun cento de nenos que se inician nesta modalidade. Pero prolongará a súa estancia en Ourense para impartir, a partir do 4 de xullo, unhas xornadas de tecnificación nas instalacións de Oira. “Estamos falando dos formadores dos campións de China”,advertía José Gago, director do Departamento Galego de Wushu e organizador de todas estas actividades. “Virá moita xente a Ourense de diferentes puntos de España só para asistir a estas xornadas”, dixo.

 

E non será o único lugar onde impartan maxisterio: desde o luns, en horario de 8:00 horas no Xardín do Posío, comezará o xa clásico programa de Taichi para todos, coa novidade de traballar a técnica do abano impartida pola profesora chinesa da especialidade. O propio José Gago admitía na rolda de prensa desta mañá que a expectativa era a de “superar os 200 participantes nesta actividade, o que suporía un récord absoluto na cidade”. Así, animou a todos os interesados a participar “e de paso levarse un abano gratis para todo o verán” para mellorar en habilidades coma a relaxación ou a flexibilidade.