O viveirense  Christian Chao será xogador do Santiago  Futsal o que resta de temporada 18/19

0
  • O viveirense vestirá a elástica celeste ata final da presente temporada.
  • Christian procede do Noia  Portus  Apostoli onde militou o últimos cinco cursos deportivos

Santiago  Futsal reforzou o seu plantel para a segunda volta da competición de Liga. O viveirense  Christian Chao será xogador do Santiago  Futsal o que resta de temporada 18/19. O xogador con demarcación á-peche, que procede do equipo da Segunda División Noia  Portus  Apostoli, conta con ampla experiencia no fútbol sala autonómico e nacional xa que defendeu a camiseta do Porto Celeiro, Burela  FS Pescados Rubén e Noia  Portus  Apostoli.  Christian define a súa incorporación ás filas celestes como «un reto que me ilusiona” e ao que chega coa intención de «achegar traballo e compromiso”.

Christian Chao  Palmeiro (24/04/1987) conta con recente coñecemento da Segunda División da LNFS. Tras alzarse con dous campionatos de Liga na 2ª B co Noia  Portus  Apostoli, desde hai dúas temporadas defendeu a elástica noiesa na División de Prata nacional. O xogador da Mariña tamén militou noutro dos clubs galegos de referencia, como é o Burela  FS Pescados Rubén, participando na Primeira División da LNFS.

O técnico Santi Valladares define a  Christian como un xogador «polivalente, con moitas virtudes: pegada, saída de balón, estratexia… Un xogador con experiencia en Primeira e Segunda, algo que nos facía falta no equipo”. Por último o técnico tamén destacou que o Santiago  Futsal «estivo interesado en incorporalo unhas temporadas atrás”.O xogador será presentado oficialmente mañá ás 12:15h no Gran Hotel Los Abetos.