O Vilalba FS preséntase ante a súa afección na Copa Galicia

0

 

Este xoves 24 as 21:30, o Vilalba F.S. presentarase diante da súa afección, para comezar oficialmente a tempada 2017/2018. Os de Alfonso e Luis xogarán a primeira eliminatoria da Copa Galicia contra o Superti A Pontenova, no Pavillón Municipal, a partido único. O vencedor enfrontarase nos oitavos ao Noia F.S.
 
Os seareiros vilalbeses poderán ver o novo proxecto do clube, coas novidades de Rubén Mouriz, Asier, Fran Pastor e Carlos Areñas.
 
Agárdase unha boa entrada na capital da Terra Chá, que se atopa de cheo nas festas patronais.