Nun espectacular partido disputado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vilalba, cun gran ambiente e ante máis de trescentas persoas, non se notou a diferencia de categoría entre os dous equipos nin os poucos adestramentos que levan feitos as rapazas dirixidas por Jose e Miguel.
O partido resultou moi igualado e con alternativas no marcador. Nos últimos minutos o Castro sacou a porteira xogadora e foi cando as xogadoras locais dispuxeron de varias ocasións para levarse o partido. Os goles do Vilalba F.S. foron conseguidos por Antía (2) e Aine Shilpa (2).
Destacar o excelente comportamento das xogadoras de ámbolos clubes.
Polo VILALBA F.S. participaron neste encontro histórico as seguintes xogadoras: Ana Guillén, Akira, Antía, Ana Díaz, Sabela, Tania, Patricia, Aine Shilpa, Adelaida, María e Carmela.
[amazon_link asins=’B01LT0Z5WW,B00Z6GISFC,B01MCWYRW5′ template=’ProductGrid’ store=’1112-7946-5290′ marketplace=’ES’ link_id=’e4c5055a-9734-11e7-a555-190d833326f3′]