O Victoria visita ó Sárdoma plagado de baixas

0

 

Ficha Técnica

4.ª XORNADA DE LIGA NA 1.ª DIVISIÓN NACIONAL FEMENINA

ENCONTRO: SARDOMA C.F. – VICTORIA F.C.

HORA: DOMINGO DÍA 6 ÁS 16.30 HORAS

CAMPO: AS RELFAS

Primeiro foi a derrota fronte ó Valladares (0-1), a primeira da tempada na 1.ª División Nacional, e agora as lesións. Ó Victoria F.C. se lle suceden os problemas esta semana que toca visitar ó Sardoma C.F. no campo de As Relfas (16:30 horas).

Pendentes aínda de coñecer ó alcance da lesión da súa porteira Carmen nun dedo do pé, sí é segura a baixa de Inés por culpa dunha escordadura de nocelo que se fixo nun adestramento e a deixará como mínimo 10 días fora do traballo. Tamén Angy ten molestias  nun xeonllo. 

Con todo, o conxunto compostelá visita ó Sardoma con gañas de recupera-la senda da victoria e aferrarse á zona alta da táboa. Non será unha tarea doada pois o anfitrión sufriu moitos cambios con respecto ó pasado ano e conta cun equipo de xogadoras moito máis xove e un novo adestrador, así que a dúbida é ver a súa proposta no campo.

Sí recoñece o técnico santiagués Chivi García que «é un equipo moi vertical, rápido nas súas transicións defensa-ataque polo que teremos que estar moi atentas ás perdas de balón en medio campo». O adestrador do Victoria F.C. cree que «o peor do Sardoma é o seu terreno de xogo, un campo de moqueta e con algunhas zonas incluso sen ela polo que para os equipos que lles gusta ter o balón é moi difícil e non fomos quen nunca de gañar alí, nin na Liga nin na Copa, aínda que sí empatamos na maioría dos casos».

O conxunto ‘rojillo’ é cuarto na táboa con 6 puntos por mor das súas dúas victorias a unha derrota, mentres que o Sardoma é oitavo con 3 puntos (unha victoria anteo o Umia por 0-7 e dúas derrotas fronte ó Deportivo B e o Sporting B por 1-0).