O Victoria FC triunfa no Memorial Manolo Carrera de promesas de Ourense

0

 

As mais pequenas do Victoria F.C. estreáronse esta fin de semana no Memorial Manolo Carrera que se disputou no Monte da Aira de Velle, en Ourense.

Na cita, que contou tamén coa presenza nesta categoría alevín da Escola de Fútbol Feminino Rosalía A, Mos, Valladares, San Mateo, EFF Rosalía B, Victoria de Sant, Milagrosa e o Carrera Promesas, as futbolistas do cadro compostelá remataron como campionas tras pasar como primeiras na fase de grupos e superar ó Mos (3-0) nas semifinais.

A final decidiuse nos penaltis, tras empatar  1-1 contra o Club Carrera ao término do tempo reglamentario.