O Victoria FC salva un punto na súa visita ao Valladares CD

0

O Victoria FC salvou un punto na súa visita ó Valladares CD, un rival directo na pelexa polos postos altos da táboa que amosou ó seu bo momento de forma cunha xeira de cinco triunfos nos seus últimos sete encontros. O cadro santiagués acudía a terras viguesas coas baixas unha semana mais de Carmen, Choren, Albita e Carlita e sufriu ata os derradeiros minutos para firmar un empate que o mantén na cuarta posición pero co Oviedo Moderno B, quinto, a tan só dous puntos despois de que as asturianas vencesen óAtlético Arousana (1-0).

O encontro foi moi disputado tal e como se prevía. Os dous equipos loitaron ata o final nun partido extremadamente igualado onde o balón parado foi decisivo para ambos.
Na primeira metade, o cadro ‘rojillo’ foi quen controlou o esférico pero as ocasións máis claras caeron do lado do CD Valladares.

Na reanudación axustáronse ainda máis as forzas. O Victoria FC cedeu o balón e xa non logrou facer xogadas elaboradas. Hubo moito xogo directo nos dous conxuntos e estaba claro que non tardaría en romperse a igualdade. Foi nun saque dunha falta lateral como chegou o primeiro tanto do encontro para as locais cun gol de María Gómez no minuto 67.

Co marcador en contra o Victoria FC apostou por subir as liñas e tivo ocasións moi claras de marcar pero o empate chegou nun córner. Angy remataba no minuto 88 un centro imparable para a porteira e devolveu as táboas ó duelo.

Nota de prensa del Victoria FC