O Victoria FC quere seguir sumando a costa do colista

0

Undécima xornada de Liga na 1.ª División Nacional Femenina para o Victoria FC nunha fin de semana na que lle toca recibir no campo de Santa Isabel de Santiago ao colista da competición, o Atlético Arousana. A cita deste domingo ás 12.00 horas está de novo marcada polas numerosas baixas do equipo anfitrión, con hasta catro xogadoras fora da lista como Andrea (que se fixo unha escordadura de nocelo no adestramento do xoves), Albita (operada esta semana dun problema no pé), Carla (pendente de probas médicas para coñecer ó alcance da súa lesión de xeonllo) e Carlita (que aínda nos se adestra co grupo por mor dunha escordadura de nocelo).

O conxunto visitante é último na táboa con apenas 5 puntos. Só foi quen de gañar este curso ó Umia (2-0) ainda que pelexou e amarrou sendos empates ante o Gijón Femenino e o Oceja. O lastre de ser o conxunto que máis goles encaixa da Liga (34) e o que menos anota (11), o está a condear a esa derradeira praza de momento.

“Extráñame esa última posición na táboa pero iso non fará que nos relaxemos e será un bo derbi como tódolos nosos últimos enfrontamentos. Sempre competiron moi ben, son moi intensas”, analiza o técnico do Victoria FC, Chivi García, que engade: “Tamén teñen moitas incorporacións e iso leva un tempo adaptalo”.

“Temos unha rivalidade moi forte con elas e estou convencido de que as miñas xogadoras non se tomarán o partido mirando a clasificación senon a entidade. Se coñecen moi ben entre elas e teñen unha sana rivalidade”, insiste o adestrador compostelán.

Dende as dúas primeiras xornadas o Victoria FC, cuarto na táboa con 17 puntos (5 triunfos) non é quen de enlazar dous triunfos seguidos. “Nos está a faltar esa regularidade. Quedan dous partidos na casa e un fóra e intentaremos encadear bos resultados antes do parón navideño a ver onde nos pon a clasificación ó término a primeira volta”, desexa.

Nota de prensa del Victoria FC