O Victoria FC pon en marcha a campaña ‘Xogando con Valores’

0

O Victoria FC  pon en marcha mañá mércores unha campaña de traballo para o fútbol base en valores coas familias, xogadoras/es e corpo ténico do clube.  Durante varios meses ao longo do ano traballaranse a través de experiencias deseñadas distintos valores como o respeto, o traballo en equipo, a disciplina, a deportividade e a igualdade.  Exténdese así unha campaña que naceu a pasada tempada co nome de Futfeminízate e que tivo como obxetivo a promoción do fútbol femenino na cidade de Santiago.

Xogando con Valores é unha iniciativa pioneira no fútbol de Compostela que pretende coidar ao máximo todos os elementos que interveñen nunha actividade deportiva onde a formación técnica e táctica estará sempre unida á humana e á persoal establecendo como unha das metas principais a promoción, aceptación e desenvolvemento de valores e hábitos positivos que lles axuden no seu presente e lles preparen sobre todo de cara ó futuro.

CONTINUACIÓN DO FUTFEMINÍZATE

Por segundo ano, continúa ademáis a campaña de Futfeminízate que aposta pola visibilización do fútbol feminino na cidade a través de diversas actividades e visitas nos centros educativos.

A primera cita será mañá mesmo no local social do Victoria FC no estadio de San Lázaro. A partir das 17.00 horas levarase a cabo un taller cos case 40 adestradores do clube co ‘respeto’ como primeiro valor a por en alza. O vindeiro mércores a convocatoria será para os pais e nais dos máis de 400 xogadores e xogadoras da entidade e dende o venres o turno é para os/as dos futbolistas das diferentes categorías.

Nota de prensa del FC Victoria