O Victoria FC derrota ao líder e colócanse segundas

0

Ficha técnica

Victoria CF: Clara Taboada, María Sánchez, Iria Santos (Laura Santos, min. 66), Laura Cetina, Tatiana Tenreiro, María Nogueira, Ana Gómez (Laura López, min. 61), Andrea Merino (Miriam Garabato, min. 45), Lourdes Diaz, Paloma González (Carla García, min. 52) e Alba García (Rosario Etcheverria, min 45).

Victoria FC: Carmen Sumay; Ángel Nogueira, Andrea Santiago, Carla Saborido (Antía Vázquez, min. 74), Alba Muñiz (Ana López, min. 60), Laura Mosquera (Cristina López, min. 92), Ánxela Torres , Alba Torres, Noela Sánchez, Raquel Duro e Noela Moure.

Goles: 0-1, min. 6: Laura Mosquera.

Árbitro: Sergio Espasadin.

Campo: A Grela.

Enorme o partido do Victoria FC ante o ata hoxe líder da Primera División Nacional feminina. O conxunto compostelán superou ao Victoria CF de A Coruña por 0-1 e ascende de novo a segunda posición da táboa, separado por tan só dous puntos do líder (10), o Viajes Interrías (12).

O encontro púxose moi cedo a favor do cadro ‘rojillo’. Lau aproveitou unha perda de balón no borde da área rival, froito dunha gran presión de todo o equipo santiagués, para poñer ás visitantes por diante 0-1 (min. 6).

Repetía así o Victoria FC parte do guión dos seus anteriores encontros e o aviso que fixo na previa o seu adestrador, Chivi García, de manter a concentración para no perder a vantaxe, tamén se volveu escoitar no campo de A Grela.

E así o cumpriron as súas futbolistas. Despois do gol, lonxe de conformarse, as xogadoras do equipo compostelán seguiron apretando e poñendo en problemas á defensa rival. Alba tivo unha boa ocasión para aumentar distancias cun bo tiro dende a frontal.

O Victoria C.F. non puxo case en apuros a porteira visitante, Carmen, na primeira metade. Só un saque de esquina requeriu que a zaga ‘rojilla’ despexase en dúas instancias.

Sí tocou sufrir na segunda metade. As coruñesas fixéronse co control do balón e o Victoria FC agardaba a súa oportunidade á contra. Tívoa Noela logo dun pase entre liñas de Ánxela,que se ía fora por moi pouco. Tamén Lau puido aumentar distancias logo doutra perda na zona de tres cuartos das locais, pero ás herculinas lograban enviar a córner “in extremis”.

A posesión do balón foi do conxunto anfitrión durante casi toda a segunda parte, pero tanto Carmen coma toda a defensa, estiveron moi seguras durante todo o partido e lograron neutralizar os ataques das coruñesas para que os 3 puntos viaxasen para Santiago.