O Victoria FC de Santiago regresa á competición tralo parón recibindo ao Sporting de Gijón B nun encontro que supón tamén o inicio da segunda volta na 1.ª Nacional Femenina. O campo Municipal de Santa Isabel recolle o domingo (ás 12.00 horas) un duelo entre o terceiro clasificado (26) e o oitavo (17), separados na táboa por 9 puntos, cun anfitrión en estado de gracia despois de encadear ata catro triunfos consecutivos antes das Festas de Nadal. Pese ás baixas de Chorén e Helena por motivos persoais e de Albita e Carlita, ambas por sendas lesións no pé, o técnico compostelán Chivi García afirma que ve as súas xogadoras «preparadas para o comenzo desta segunda volta tanto física coma mentalmente». «Se lles nota enchufadas e con gañas de loitar por manterse nos postos altos da clasificación. Queremos dar un paso adiante neste 2020 e traballaremos para iso», insiste o técnico do Victoria FC.

«Pechamos o ano da mellor maneira, despois de facernos coa terceira praza trala vitoria ante o Deportivo B en Santa Isabel e recortar, desta forma, puntos aos dous primeiros tralo empate entre ambos. Está claro que a nosa gran virtude sen balón está a ser a solidez defensiva e con balón a velocidade que se lle está a dar o noso xogo combinativo o que nos fai ter un gran número de ocasións de gol», asume Chivi García que engade: «Neste segundo tramo da Liga buscaremos dar un paso máis en canto o grado de competitividade. Temos un equipo moi xoven e xogadoras talentosas pero debemos aprender a sufrir nalgúns partidos e ainda así poder gañalos».

O encontro de ida resolveuse cun claro 1-6 a favor do cadro de Santiago, un resultado do que  nin Chivi García nin as súas xogadoras se fían de cara a cita do domingo. «Aquel partido foi o primeiro de Liga e o Real Sporting B era un recén ascendido á categoría e as xogadoras estaban un pouco nerviosas, algo normal pois ainda recordo tamén o noso primeiro partido en Nacional e o que lles supuso ás miñas. Agora, unha vez finalizada a primeira parte da competición, as cartas están sobre a mesa e vai a ser todo moi distinto», considera o adestrador do cadro rojillo que insiste: «Nos agarda un partido complicado esta fin de semana porque as circunstancias xa non son as mesmas».

Nota de prensa del Victoria FC