O Victoria FC afronta o primeiro desprazamento do ano

0

O Victoria FC afronta o primeiro desprazamento do ano co ánimo de olvidar a dura derrota da pasada xornada na casa fronte ó Sporting B (1-2). O conxunto compostelán ten outro reto complicado por diante pois unha semana máis contará con baixas no plantel. Así, o adestrador Chivi García non poderá incluir na convocatoria nin a Carmen, Carlita e Albita, todas lesionadas, nin a Chorén.

O Victoria FC caeu a pasada xornada á cuarta praza da clasificación pero o obxectivo e recuperar canto antes a zona de ‘podio’, unha tarefa que non lle será doada de cumprir ante un CDE Racing Féminas B que loita por non caer nas prazas de descenso a só un punto do Gijón Fútbol Femenino, 12.º na táboa. Pese a diferenza de puntos (26 das santiaguesas por 12 das asturianas), advirte Chivi García das cualidades do rival: «O Racing é un equipo moi xoven pero con xogadoras de gran talento. Será un partido moi difícil. Veremos a resposta das nosas xogadoras tras a derrota do pasado domingo, pois ademais esta semana, por mor do temporal, non puidemos adestrar como nos gustaría».

O técnico compostelán detalla algunhas das complicacións do partido do domingo: «O campo ten unhas dimensións moi pequenas e cun céspede artificial desgastado. Pero se queremos estar nos postos de arriba hai que sobrepoñerse a todo iso e traer os tres puntos».

No encontro de ida xogado en Santa Isabel o Victoria FC gañou por 4-1 con goles para o conxunto santigues de Alba, Chorén, Marta e Noelia.

Nota de prensa del Victoria FC