Coa moral alta tralos dous últimos triunfos fronte ó Gijón (1-4) e a Atlético Arousana (6-0), o Victoria FC da 1.ª Nacional Femenina afronta o domingo (18.00 horas) a 12.ª xornada de Liga visitando ó Umia CF a partir das 18.00 horas.

O conxunto compostelán mantén para este choque as baixas de Carla, Carlita e Albita pero viaxa co obxectivo de sumar tres novos puntos que o manteñan vivo na loita polo terceiro posto da táboa co Dépor B, o seu próximo rival en Santa Isabel a vindeira semana.

«O Umia é un equipo moi difícil no seu campo», analiza o técnico do Victoria FC Chivi García. «É un campo moi pequeno e non poderemos ter todo o balón que nos gustaría. Cando xogamos contra elas sempre son partidos moi incomódos», engade o adestrador ó tempo que insiste en que «o equipo está ben, sabe ó que imos alí e trataremos de traer os tres puntos».

Apela Chivi García á necesidade de seguir na loita co grupo de cabeza. O Victoria FC é agora cuarto con 20 puntos (6 victorias e 3 derrotas) e está a a só 2 do filial herculino. «Para nós, quedar terceiras na primeira volta é un gran obxectivo. Dará moral ás xogadoras para afrontar a segunda volta e quizáis así poidan crer que poden apretar máis ainda ós primeiros postos. Para iso temos que gañar os dous partidos ante o Umia e o Dépor», analiza.

O Umia FC é décimo na clasificación con 9 puntos (a 11 das santiaguesas) despois de 2 triunfos e 6 derrotas.

Nota de prensa del Victoria FC