O Victoria FC afronta este domingo (12.30 horas) o seu segundo partido consecutivo a domicilio nun importante encontro que o medirá ó CD Valladares, un dos conxuntos máis en forma da 1.ª Nacional Femenina. O equipo compostelán, cuarto na táboa con 29 puntos, buscará amarrar a súa posición e tamén intentar poñer terra de por medio cun dos rivais que loitan por ascender na táboa tras sumar nas sete últimas xornadas cinco triunfos, un empate e unha derrota fronte ó potente Dépor B.

O técnico santiagués Chivi García contará de novo coas baixas de Carmen, Choren, Albita e Carlita, polo que Lucía repetirá como porteira ‘rojilla’ ós seus 15 anos recén cumpridos. «Tivo moi bo debut. A pesar dos nervios normais nunha estrea coa súa idade e nun campo moi difícil, soubo tomar sempre as decisións acertadas. Estamos moi contentos co seu traballo», valora o seu adestrador.

Tamén é consciente Chivi García da necesidade das súas xogadoras de seguir a sumar. «O equipo nos está no seu mellor momento de confianza. A derrota ante o Sporting de Gijón B (1-2) hai dúas xornadas e a vitoria no tempo de desconto fronte ó Racing Fémeninas B (0-1) o pasado domingo non nos deixa moi contentos, pero sí é verdade que no partido en Santander houbo un cambio de actitude e personalidade na segunda metade. Ogallá o equipo continúe nesa dinámica», considera o técnico.

Con apenas 4 puntos (29 por 25) e dous postos de diferenza (4.º e 6.º) entre ámbolos dous na táboa, entende Chivi García que o triunfo fronte ó Valladares «alexaría ainda máis a un rival directo». «Do contrario volveriamos a contraer a clasificación entorno á cuarta posición», engade.

Suliña o santiagués que o cadro vigués «é un equipo moi bo que sabe ó que xoga». «Son moi intensas, defenden moi ben e xogan moi directo. É un equipo ó que nos custa moito gañar e máis no seu campo, de reducidas dimensións. Xa na primeira volta nos gañaron cun gol a balón parado. Intentaremos recuperar eses tres puntos que se nos escaparon na casa», insiste.

Para o Victoria FC a clave será «a intensidade». «Temos que igualar como mínimo a súa intensidade porque co balón somos mellores e logo estar moi atentas ás vixiancias defensivas. En calquera pérdida de balón sacan petróleo. Teñen xogadoras moi boas», reitera o adestrador compostelán.

Nota de prensa del Victoria FC