O corredor da A.D. Avanza desprazábase ata o Pirineo Aragonés como un mais dos sete seleccionados pola Federación Galega de Ciclismo, para participar no campionato de España de Enduro, sendo esta a primeira modalidade que pon os seus títulos estatais en xogo neste 2020. A falta de probas de este ano facía que os Riders visen incrementadas as súas inquietudes e gañas de poñer a proba o seu nivel físico ante a falta de competicións por culpa da pandemia do COVID-19.

O Rider da escola de ciclismo A.D. Avanza o tudense David Fernández vixente campión Galego  de Enduro 2019 desprazábase ata o Pirineo Aragonés para levar as cores da Selección Galega o mais alto do podio proclamándose campión de España 2020 na modalidade de Enduro.