Este torneo se celebra dende hai dez anos, con sedes alternas en Galicia, Euskadi e Cataluña. Á última edición celebrouse en Granollers a finais de 2016 e Galicia proclamouse vencedora, tras gañar na final a Euskadi.
O seleccionador Abel Estévez deu a coñecer a convocatoria para este torneo. O BM Porriño é o club que maior número de xogadoras aporta para a selección galega (seis) e xunto a elas estarán deportistas do Guardés, Carballal, BM Castellón, Logroño Sporting la Rioja e SAR Rodavigo. Galicia xogará a semifinal o sábado 9 ás 18:00 horas contra Guinea, mentres que Cataluña e Euskadi xogarán o primeiro partido (16:15 horas). A final está prevista para o día 10 ás 12:00 horas.